FANDOM


Características de TCP/IP Editar

O Protocolo de Control de Transmisión/Protocolo Internet (TCP/IP) é un conxunto de protocolos aceptados pola industria que permiten a comunicación nun contorno heteroxéneo (formado por elementos diferentes). Ademais, TCP/IP proporciona un protocolo de rede encamiñable e permite acceder a Internet e ós seus recursos. Debido á súa popularidade, TCP/IP converteuse no estándar de facto (aceptado polos fabricantes) no que se coñece como interconexión de redes, a intercomunicación nunha rede que está formada por redes máis pequenas.

TCP/IP converteuse no protocolo estándar para a interoperabilidade entre distintos tipos de equipos. A interoperabilidade é a principal vantaxe de TCP/IP. A maioría das redes permiten TCP/IP como protocolo. TCP/IP tamén permite o encamiñamento e soese utilizar como un protocolo de interconexión de redes.

Deseñado para ser encamiñable, robusto e funcionalmente eficiente, TCP/IP foi desenvolvido polo Departamento de Defensa de Estados Unidos como un conxunto de protocolos para redes de área extensa (WAN). O seu propósito era o de manter enlaces de comunicación entre sitios no caso dunha guerra nuclear. Actualmente, a responsabilidade do desenvolvemento de TCP/IP reside na propia comunidade de Internet. A utilización de TCP/IP ofrece varias vantaxes:

  • É un estándar na industria: Como un estándar da industria, é un protocolo aberto. Isto quere dicir que non está controlado por unha única compañía, e está menos suxeito a cuestións de compatibilidade. É o protocolo, de feito, de Internet.
  • Contén un conxunto de utilidades para a conexión de sistemas operativos diferentes: A conectividade entre un equipo e outro non depende do sistema operativo de rede que estea utilizando cada equipo.
  • Utiliza unha arquitectura escalable, cliente/servidor: TCP/IP pode ampliarse (ou reducirse) para axustarse ás necesidades e circunstancias futuras. Utiliza sockets para facer que o sistema operativo sexa algo transparente. Un socket é un identificador para un servizo concreto nun nodo concreto da rede. O socket consta dunha dirección de nodo e dun número de porto que identifica ao servizo.

Estándares TCP/IP Editar

Os estándares de TCP/IP publícanse nunha serie de documentos denominados Requests for comment (RFC); ou solicitudes de comentarios. O seu obxecto principal é proporcionar información ou describir o estado de desenvolvemento. Aínda que non se crearon para servir de estándar, moitas RFC foron aceptadas como estándares.

O desenvolvemento de Internet está baseado no concepto de estándares abertos. É dicir, calquera que o desexe, pode utilizar ou participar no desenvolvemento de estándares para Internet. A Plataforma de arquitectura Internet (IAB) é o comité responsable para a xestión e publicación das RFC. A IAB permite a calquera persoa ou a calquera compañía que envíe ou que avalíe unha RFC. Isto permite que calquera suxestión sexa tida en conta para cambiar ou crear estándares. Transcorrido un tempo razoable para permitir a discusión, crease un novo borrador que se converterá ou non nun estándar.

Os niveis de TCP/IP Editar

O protocolo TCP/IP non se corresponde exactamente co modelo OSI. En vez de ter sete niveis, só utiliza catro. Normalmente coñecido como conxunto de protocolos de Internet, TCP/IP divídese en catro niveis, correspóndendose cada un con un ou máis niveis do modelo OSI.

Nivel de interface de rede Editar

O nivel de interface de rede, que se corresponde cos niveis físico e de enlace de datos do modelo OSI comunícase directamente coa rede. Proporciona a interfaz entre a arquitectura de rede e o nivel Internet.

TCP/IP non define ningún protocolo específico para este nivel; dentro dos protocolos máis utilizados podemos destacar Ethernet ou ATM.

Nivel Internet Editar

O nivel internet, que se corresponde co nivel de rede do modelo OSI, utiliza varios protocolos para encamiñar e entregar os paquetes. Os encamiñadores son dependentes do protocolo. Funcionan a este nivel do modelo e utilízanse para enviar paquetes dunha rede a outra ou dun segmento a outro. No nivel de rede traballan varios protocolos (IP, ARP, RARP e ICMP) que estudiaremos máis adiante.

O máis importante deles é o Protocolo Internet (IP); protocolo de conmutación de paquetes que realiza direccionamento e encamiñamento. Cando se transmite un paquete, este protocolo engade unha cabeceira ó paquete, de forma que poda enviarse a través da rede utilizando as táboas de encamiñamento dinámico. Ademais, IP é o responsable do empaquetado e división dos paquetes requirido polos niveis físico e de enlace de datos do modelo OSI.

Nivel de transporte Editar

O nivel de transporte, que se corresponde co nivel de transporte do modelo OSI, é o responsable de establecer e manter unha comunicación entre dous hosts. O nivel de transporte proporciona notificación da recepción, control de fluxo e secuenciación de paquetes. Tamén xestiona as retransmisións de paquetes. O nivel de transporte pode utilizar os protocolos TCP ou UDP en función dos requirimentos da transmisión.

  • Protocolo de control de transmisión (TCP): É o responsable da transmisión fiable de datos desde un nodo a outro. É un protocolo orientado a conexión e establece unha conexión (tamén coñecida como unha sesión, circuito virtual ou enlace) entre dúas máquinas antes de transferir ningún dato.
    Para manter unha conexión fiable, cada paquete ten que conter:
    • Un número de porto TCP orixe e destino.
    • Un número de secuencia para mensaxes que teñen que dividirse en partes máis pequenas.
    • Un checksum que asegura que a información se recibiu sen erro.
    • Un número de confirmación que indica á máquina orixe que partes da información chegaron.
  • Protocolo de datagramas de usuario (UDP): UDP é un protocolo non orientado á conexión responsable da comunicación de datos extremo a extremo. En cambio, a diferencia de TCP, UDP non establece unha conexión. Intenta enviar os datos pero non verifica que o host de destino recibe os datos (non fiable). UDP utilízase para enviar pequenas cantidades de datos que non necesitan unha entrega garantizada. Aínda que UDP utiliza portos, son distintos dos portos TCP; así pois, poden utilizar os mesmos números sen interferirse.

Nivel de aplicación Editar

O nivel de aplicación correspóndese cos niveis de sesión, presentación e aplicación do modelo OSI, e conecta as aplicacións á rede.

Entre outros protocolos de aplicación escritos especificamente para o conxunto TCP/IP inclúense:

  • SMTP (Protocolo básico de transferencia de correo): Correo electrónico.
  • FTP (Protocolo de transferencia de arquivos): Para a interconexión de arquivos entre equipos que executan TCP/IP.
  • SNMP (Protocolo básico de xestión de rede): Para a xestión de redes.
O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.