Wiki IES Pazo da Mercé
Advertisement

A arquitectura AppleTalk utilizouse no contorno de Apple Macintosh, e ArcNet en contornos baseados en equipos personais. Hoxe en día, os dous están en desuso.

Apple Computer, Inc. introduciu AppleTalk en 1983 como unha arquitectura de rede para grupos pequenos con equipos Macintosh. A arquitectura é unha colección de protocolos que se corresponden co modelo de referencia OSI. AppleTalk utiliza CSMA/CD como método de acceso nun bus ou nunha topoloxía física de estrela con cable de par trenzado apantallado, aínda que tamén acepta cable de fibra óptica e UTP.AppleShare é o servidor de ficheiros e de impresión nunha rede AppleTalk.

Por outro lado, Datapoint Corporation desenvolveu a Attached Resource Computer Network (ArcNet) en 1977. Trátase dunha arquitectura de rede sinxela, barata e flexible desenvolvida para redes do tamaño dun grupo de traballo. ArcNet utiliza un método de acceso de paso de testigo nunha topoloxía de bus en estrela cunha taxa de transmisión de 2,5 Mbps. ArcNet Plus, unha sucesora da ArcNet orixinal, permite unha taxa de transmisión de 20 Mbps. O cableado estándar utilizado para ArcNet é o cable coaxial de 93 ohmios RG-62 A/U, aínda que tamén permite par trenzado e fibra óptica.

Advertisement