Wiki IES Pazo da Mercé
Advertisement

Unha vez rematado o proceso de montaxe da rede é importante deixar documentada a instalación para recordar nun futuro o traballo realizado. Isto vai facilitar as tarefas de mantemento tanto do administrador actual como dos futuros administradores que poidan substituílo.

A identificación do cableado e conectores é unha parte importante da documentación da rede, pero ademais é recomendable elaborar un documento, que debería estar dispoñible tanto en formato papel como electrónico, no que se recollese polo menos a seguinte información:

  • Explicación da nomenclatura utilizada para a identificación dos conectores.
  • Esquemas lóxicos claros das instalacións con todas as indicacións dos distintos compoñentes.
  • Planos dos edificios con indicación dos percorridos do cableado, situación das caixas e armarios de distribución e todo o que poida ser relevante no funcionamento da rede.
  • Resumo de dispositivos de interconexión instalados.
Advertisement