FANDOM


Funcionamento de CSMA/CD Editar

<video type="googlevideo" id="-5387624686323576578" width="300" height="200" desc="Animación que mostra o funcionamento de CSMA/CD" position="right"/>

<video type="youtube" id="yGJGIUa-xWE" width="300" height="200" desc="Funcionamento de CSMA/CD" frame="true" position="right"/>

Este método é unha variante do método de Acceso Múltiple por Detección de Portadora (CSMA), no que cada un dos equipos da rede comproban o cable para detectar o tráfico da rede (detección de portadora).

Os equipos só poden transmitir datos se o cable está libre, cando detectan que non hai tráfico no cable. Unha vez que o equipo transmite os datos ao cable, ningún equipo pode transmitir datos ata que estes cheguen ao seu destino e o cable volva a estar libre. Se ocorrese unha colisión (pode ocorrer de todas formas, xa que pode pasar que dous equipo comecen a transmitir ao mesmo tempo), os dous equipos implicados deixarán de transmitir datos durante un período de tempo aleatorio e volverán a transmitir os datos. Cada equipo determina o seu propio período de espera, polo que se reduce a posibilidade de que os dous equipos volvan a transmitir simultaneamente.

A mellora de CSMA/CD sobre CSMA consiste en que a estación está á escoita ao mesmo tempo que emite, de forma que se detecta que se produce unha colisión, para inmediatamente a transmisión.

A posibilidade de detección de colisións é o parámetro que impón unha limitación en canto a distancia en CSMA/CD. Debido á atenuación, o debilitamento dun sinal transmitido a medida que se alonxa do orixe, o mecanismo de detección de colisións non é apropiado a longas distancias. Os segmentos non poden detectar sinais a partir de certas distancias e, por tanto, non se pode asegurar que un equipo do outro extremo estea transmitindo. Se máis dun equipo transmite datos na rede ao mesmo tempo, producirase unha colisión de datos e os datos se estragarán.

CSMA é coñecido como un método de contención debido a que se contén, ou retén, aos equipos da rede ata que haxa unha oportunidade para enviar os datos. Pode parecer unha forma lenta de colocar os datos na rede, pero as implementacións actuais de CSMA/CD son tan rápidas que os usuarios non perciben que se está utilizando este método.

Problemas con CSMA/CD Editar

Este método pode presentar problemas cando hai moito tráfico na rede. A medida que aumenta o tráfico, tenden a aumentar as colisións, que ralentizan a rede. Despois de cada colisión, ambos equipos terán que retransmitir os seus datos. Se a rede está moi saturada, é posible que os intentos de ambos equipos produzan colisións na rede cos paquetes de outros equipos. Se ocorre isto, teremos catro equipos (os dous orixinais e os dous equipos cos paquetes que colisionaron cos paquetes retransmitidos) que teñen que volver a transmitir. Este aumento das retransmisións pode facer que a rede quede paralizada.

A ocorrencia deste problema depende do numero de usuarios que intenten utilizar a rede e das aplicacións que estean utilizando. Por tanto, dependendo dos compoñentes hardware, do cableado e do software de rede, a utilización dunha rede CSMA/CD con moitos usuarios pode dar problemas debido ao elevado tráfico da rede.

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.