Introdución[]
O módulo “Sistemas Operativos Monoposto” pertence o ciclo de Formación Profesional de grao medio “Sistemas Microinformáticos e Redes”, que ten unha duración de 2.000 horas ó longo de 2 cursos académicos, ó que lle corresponde o título de “Técnico en sistemas microinformáticos e redes”.
Este módulo impártese durante o primeiro curso, cunha duración de 160 horas, repartidas en 6 sesións semanais, o que da como resultado 192 sesións en todo o curso.
O desenvolvemento curricular de este módulo ten como referencia de partida o Realdecreto 1691/2007, do 14 de decembro (BOE nº 3446 do 17 de xaneiro de 2008), onde se establece o currículum do ciclo “Sistemas Microinformáticos e Redes”.
Obxectivos xerais do módulo[]
Os obxectivos xerais que debe desenvolver o módulo profesional, son acordes cos obxetivos xerais establecidas no currículum para este módulo:
- Organizar os compoñentes físicos e lóxicos que forman un sistema microinformático, interpretando a súa documentación técnica, para aplicar os medios e os métodos acaídos á súa instalación, á súa montaxe e ao seu mantemento.
- Recoñecer e executar os procedementos de instalación de sistemas operativos e programas de aplicación, aplicando protocolos de calidade, para instalar e configurar sistemas microinformáticos.
- Localizar e reparar avarías e disfuncións nos compoñentes físicos e lóxicos para manter sistemas microinformáticos e redes locais.
- Substituír e axustar compoñentes físicos e lóxicos para manter sistemas microinformáticos e redes locais.
- Interpretar e seleccionar información para elaborar documentación técnica e administrativa.
- Valorar o custo dos compoñentes físicos e lóxicos, e a man de obra, para elaborar orzamentos.
- Recoñecer características e posibilidades dos compoñentes físicos e lóxicos para asesorar e asistir a clientela.
- Detectar e analizar cambios tecnolóxicos para elixir novas alternativas e manter a actualización dentro do sector.
- Recoñecer e valorar incidencias, determinar as súas causas e describir as accións correctoras para as resolver.
En resumo do exposto concrétase que o alumno debe de coñecer o funcionamento dos sistemas operativos monoposto para así saber xestionalos e administrarlos de forma axeitada, así como saber detectar e correxir erros nos mesmos.
Desenvolvemento curricular das unidades didácticas[]
Unidade didáctica 1: Introducción: Sistema informático, representación da información. (22)[]
Obxectivos didácticos[]
- Recoñecer a estructura do sistema informático, e a función de cada elemento.
- Recoñecer os distintos sistemas de representación de información.
- Saber realizar a conversion entre os distintos sistemas de representación da información.
Contidos[]
- Sistema informático:
- Concepto.
- Compoñentes físicos do sistema informático.
- Software de base dun sistema informático.
- Sistemas de numeración:
- binario, octal, hexadecimal.
- Teorema fundamental da numeración.
- Sistemas de codificación:
- Numérica (modulo e signo, C1, C2 , coma flotante, ...)
- Alfanumérica (ASCII, EBCDIC, UNICODE ...)
- Métodos de representación da información.
Actividades[]
- Recoñecer os elementos, as funcións e a estructura do sistema informático.
- Realización de exercicios de conversión de sistemas de numeración e alxebra binaria.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación[]
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA1: CA1.1, CA1.2
Unidade didáctica 2: Sistemas operativos: Función, estructura, xestión de recursos. (22)[]
Obxectivos didácticos[]
- Recoñecer os fundamentos, a estructura e as funcións dos sistemas Sistema informático.
- Saber clasificar os sistemas operativos.
- Coñecer os sistemas operativos actuais.
- Recoñecer os os distintos estados polos que pode pasar un proceso e os métodos para xestionalos.
Contidos[]
- Concepto, elementos e estrutura dun sistema operativo.
- Funcións do sistema operativo: recursos.
- Evolución dos sistemas operativos: versións.
- Arquitectura e compoñentes.
- Modos de explotación do sistema: procesos en lotes e en tempo real.
- Tipos de sistemas operativos: monousuario, multiusuario, multitarefa, multiproceso,...
- Sistemas operativos actuais.
- A xestión de Procesos e de Procesador (Planificación da CPU.)
- Concepto de Proceso. Bloque de Control de Procesos (PCB). Estados, Transicións, Prioridades dos Procesos
- Algoritmos de planificación do procesador niveles e obxectivos da planificación.
- As técnicas de planificación do procesador: FCFS (First Come First Served), RR (Round-Robin / Asignación Cíclica ou Planificación en Roda), SJF (Shortest Job First / Primeiro O Proceso Máis Curto), SRT (Shortest Remaining Estafe), Prioridade, HRN (High Response Next), Colas Multinivel...
Actividades[]
- Identificar as funcións e a estructura dos sistemas operativos.
- Recoñecer os sistemas operativos actuais.
- Recoñecer os modos de explotación, á arquitectura e os compoñentes dos sistemas operativos.
- Realización de exercicios prácticos de planificación do procesador.
- Realización de exercicios prácticos de xestión de memoria.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación[]
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA1: CA1.3, CA1.4, CA1.5
Unidade didáctica 3: Máquinas virtuais. (6)[]
Obxectivos didácticos[]
- Saber manexar máquinas virtuais.
- Identificar o seu campo de aplicación das máquinas virtuais.
- Instalar software específico na máquina virtual.
Contidos[]
- Virtualización e máquina virtual: vantaxes e inconvenientes.
- Maquinas virtuales: Tipos, características e Utilidade
- Software propietario e libre para a creación de máquinas virtuais: instalación.
- Creación de máquinas virtuais para sistemas operativos propietarios e libres.
- Configuración e utilización de máquinas virtuais.
- Relación co sistema operativo anfitrión.
- Instalar software específico na máquina virtual.
- Análises da actividade do sistema.
Actividades[]
- Instalar o software que permite o uso das máquinas virtuais.
- Manexar as máquinas virtuais.
- Instalar software específico na máquina virtual.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación[]
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA6: CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5, CA6.6, CA6.7, CA6.8, CA6.9
Unidade didáctica 4: Arranque de sistemas operativos. Particionado. (10)[]
Obxectivos didácticos[]
- Recoñecer os fundamentos e as funcións dos distintos tipos de particións.
Contidos[]
- Sistema de Arquivos. Definición. Tipos.
- Particionamento de discos. Tipos de particións.
Actividades[]
- Descripción dos distintos tipos de particións de disco.
- Traballar con varios discos.
- Traballar con varios sistemas operativos no mesmo disco e en varios discos.
- Arrancar distintos sistemas operativos.
- Modificar a partición activa.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación[]
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA1: CA1.6, CA1.7, CA1.8
- RA2: CA2.4
- RA3: CA3.3
Unidade didáctica 5: Instalación de sistemas operativos propietarios. Windows (8)[]
Obxectivos didácticos[]
- Saber interpretar a documentación técnica referente a instalación do sistema operativo.
- Coñecer as distintas versions dos sistemtas operativos Windows.
- Instalar sistemas operativos propietarios das distintas formas posibles.
- Saber seleccionar o sistema operativos mais adecuado según as especificacións técnicas.
Contidos[]
- Historia e versións.
- Requisitos técnicos do sistema operativo.
- Planificación da instalación.
- Partición dos dispositivos de almacenaxe.
- Selección dun sistema de ficheiros: FAT, FAT32, NTFS
- Xestores de arranque. Funcionamento. Configuración.
- Opcións de arranque de Windows XP .Secuencia de inicio:
- Secuencia de preinicio: sector de arranque MBR
- Secuencia de inicio: información de hardware e software
- Carga do núcleo
- Inicialización do núcleo
- Logon
- Utilidade msconfig
- Arquivos de inicio: NTLDR, BOOT.INI, BOOTSECT.DOS (opcional), NTDETECT.COM e NTOSKRNL.EXE...
- Boot.ini : información, seccións
- Tipos de instalación: típica e personalizada.
- Dende cero.
- Desatendida
- A partir doutro sistema operativo
- Controladores de dispositivos.
- Selección de aplicacións básicas para instalar.
- Parámetros básicos da instalación.
Actividades[]
- Planificación da instalación.
- Instalación do sistema operativo Windows.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación[]
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA2: CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA2.8, CA2.9, CA2.10, CA2.11
Unidade didáctica 6: Realización de tarefas básicas sobre s.o. propietarios. Windows. (15)[]
Obxectivos didácticos[]
- Realizar tarefas básicas de configuración de sistemas operativos, para o que interpreta requisitos, e describe os procedementos seguidos.
- Saber actualizar o sistema operativo e dos controladores de dispositivos.
- Saber engadir e eliminar hardware do sistema operativo.
- Saber agregar, eliminar e actualizar software do sistema operativo.
- Coñecer os métodos de reparación do sistema operativo.
Contidos[]
- Arranque e parada do sistema: sesións.
- Interfaces de usuario: tipos, propiedades e usos.
- Utilización do sistema operativo: modo orde e modo gráfico.
- Explotación do sistema operativo.
- Configuración das preferencias de escritorio.
- Estrutura da árbore de directorios.
- Ficheiro e directorio: atributos e permisos.
- Compresión e descompresión.
- Actualización do sistema operativo e dos controladores de dispositivos.
- Engadir e eliminar hardware do sistema operativo.
- Agregar, eliminar e actualizar software do sistema operativo.
- Operacións de reparación do sistema operativo. Consola de recuperación.
- Configuración da conexión a internet.
- Programación de tarefas.
Actividades[]
- Configurar e preparar ó sistema operativo para traballar con él, respecto duns requisitos previos.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación[]
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA3: CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.6, CA3.7, CA3.8, CA3.9, CA3.10, CA3.11, CA3.12, CA3.13
Unidade didáctica 7: Administración dos sistemas operativos propietarios. Windows. (22)[]
Obxectivos didácticos[]
- Realizar operacións básicas de administración de sistemas operativos, para o que interpreta requisitos, e dispón o sistema para o seu uso óptimo.
Contidos[]
- Panel de control. Impresión.
- Xestión de perfís de usuarios e grupos locais. Contrasinais.
- Xestión do sistema de ficheiros.
- Ferramentas para a xestión de ficheiros e directorios. Directivas.
- Xestión dos procesos do sistema e de usuario. Administrador de tarefas.
- Rendemento do sistema. Seguimento da actividade do sistema. Monitor do sistema.
- Activación e desactivación de servizos.
- Compartición de recursos.
- Xestión de dispositivos de almacenaxe. Administrador de discos.
- Rexistro. Base de datos de configuración e comportamento do sistema operativo, do hardware instalado e das aplicacións.
- Ferramentas de diagnóstico e optimización.
- Utilización da axuda en liña.
Actividades[]
- Administración do sistema operativo para traballar eficazmente con él según uns requisitos determinados.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación[]
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA4: CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.7, CA4.8, CA4.9
Unidade didáctica 8: Utilización da liña de comandos en s.o. propietarios. Windows. (15)[]
Obxectivos didácticos[]
- Realizar tarefas de xestión e administración básica de sistemas operativos, para o que utiliza ferramentas en liña de comandos.
Contidos[]
- Características dos intérpretes de comandos. Caracteres especiais.
- Utilización de ordes para a xestión de ficheiros e directorios. COPY, XCOPY, RENAME, DEL, ATRRIB...
- Operación con ficheiros: nome e extensión, comodíns, atributos e tipos.
- Operación con directorios: nome, atributos e permisos. Conpact, convert
- Outras operacións comúns na liña de comandos.
- Redirección da entrada e da saída.
- Activación de opcións nos comandos.
- Utilización da axuda en liña.
Actividades[]
- Realización de boletíns de exercicios de comandos.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación[]
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA5: CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8
Unidade didáctica 9: Instalación de sistemas operativos libres. Linux. (8)[]
Obxectivos didácticos[]
- Saber interpretar a documentación técnica referente a instalación do sistema operativo.
- Coñecer as distintas versions dos sistemtas operativos Linux.
- Instalar sistemas operativos propietarios das distintas formas posibles.
- Saber seleccionar o sistema operativos mais adecuado según as especificacións técnicas.
Contidos[]
- Historia e versións.
- Características dos sistemas operativos Linux. Distribucións. Funcións.
- Arquitectura: Núcleo e shell.
- Funcións do shell. Interfaces de usuario GNU/Linux: Bourne shell, C-Shell, X-Window.
- Requisitos técnicos do sistema operativo.
- Planificación da instalación.
- Partición dos dispositivos de almacenaxe.
- Selección dun sistema de ficheiros: EXT, EXT2, EXT,...
- Xestores de arranque. Funcionamento. Configuración. Grub
- Tipos de instalación: típica e personalizada.
- Controladores de dispositivos.
- Selección de aplicacións básicas para instalar.
- Parámetros básicos da instalación.
- Documentación do sistema operativo GNU/Linux.
Actividades[]
- Planificación da instalación.
- Instalación do sistema operativo Linux.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación[]
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA2: CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA2.8, CA2.9, CA2.10, CA2.11
Unidade didáctica 10: Realización de tarefas básicas sobre s.o. libres. Linux. (15)[]
Obxectivos didácticos[]
- Realizar tarefas básicas de configuración de sistemas operativos, para o que interpreta requisitos, e describe os procedementos seguidos.
- Saber actualizar o sistema operativo e dos controladores de dispositivos.
- Saber engadir e eliminar hardware do sistema operativo.
- Saber agregar, eliminar e actualizar software do sistema operativo.
- Coñecer os métodos de reparación do sistema operativo.
Contidos[]
- Arranque e parada do sistema: sesións.
- Interfaces de usuario: tipos, propiedades e usos.
- Utilización do sistema operativo: modo orde e modo gráfico.
- Explotación do sistema operativo.
- Configuración das preferencias de escritorio.
- Estrutura da árbore de directorios.
- Ficheiro e directorio: atributos e permisos.
- Compresión e descompresión.
- Actualización do sistema operativo e dos controladores de dispositivos.
- Engadir e eliminar hardware do sistema operativo.
- Agregar, eliminar e actualizar software do sistema operativo.
- Operacións de reparación do sistema operativo.
- Configuración da conexión a internet.
- Programación de tarefas. Cron
Actividades[]
- Configurar e preparar ó sistema operativo para traballar con él, respecto duns requisitos previos.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación[]
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA3: CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.6, CA3.7, CA3.8, CA3.9, CA3.10, CA3.11, CA3.12, CA3.13
Unidade didáctica 11: Administración dos sistemas operativos libres. Linux. (22)[]
Obxectivos didácticos[]
- Realizar operacións básicas de administración de sistemas operativos, para o que interpreta requisitos, e dispón o sistema para o seu uso óptimo.
Contidos[]
- Xestión de perfís de usuarios e grupos locais. Contrasinais.
- Xestión do sistema de ficheiros.
- Ferramentas para a xestión de ficheiros e directorios. Directivas.
- Xestión dos procesos do sistema e de usuario.
- Rendemento do sistema. Seguimento da actividade do sistema.
- Activación e desactivación de servizos.
- Compartición de recursos.
- Xestión de dispositivos de almacenaxe.
- Base de datos de configuración e comportamento do sistema operativo, do hardware instalado e das aplicacións. Samba.
- Ferramentas de diagnóstico e optimización.
- Utilización da axuda en liña.
Actividades[]
- Administración do sistema operativo para traballar eficazmente con él según uns requisitos determinados.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación[]
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA4: CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.7, CA4.8, CA4.9
Unidade didáctica 12: Utilización da liña de comandos en s.o. libres. Linux. (15)[]
Obxectivos didácticos[]
- Realizar tarefas de xestión e administración básica de sistemas operativos, para o que utiliza ferramentas en liña de comandos.
Contidos[]
- Características dos intérpretes de comandos. Caracteres especiais.
- Utilización de ordes para a xestión de ficheiros e directorios. Ls, rm, mv, cd, grep, tail, find...
- Operación con ficheiros: nome e extensión, comodíns, atributos e tipos.
- Operación con directorios: nome, atributos e permisos.
- Outras operacións comúns na liña de comandos.
- Redirección da entrada e da saída.
- Activación de opcións nos comandos.
- Utilización da axuda en liña.
Actividades[]
- Realización de boletíns de exercicios de comandos.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación[]
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA5: CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8
Unidade didáctica 13: Comprensión de textos e vocabulario técnico en Inglés (12)[]
O carácter fortemente cambiante e dinámico do contorno profesional da informática e as novas tecnoloxías fai imprescindible que o alumno adquira a capacidade de comprender de forma autónoma textos e documentos de diversas fontes e en diferentes formatos que lle permitan adaptarse a novos sistemas, ferramentas, etc. É por iso que nesta unidade tratarase de aumentar a capacidade do alumnado de extraer a información útil dos textos, fundamentalmente de carácter técnico, que lle permita levar a cabo unha formación continua na carreira profesional unha vez rematado o ciclo formativo.
A xustificación desta unidade basease ademais no plan lector do centro e na asignación dentro do mesmo de unha sesión de lectura semanal para todo ao alumnado, que será englobada dentro da unidade.
Por outra banda, o manexo do vocabulario técnico en inglés relativo ao módulo permite ao alumnado manexar documentos, manuais, aplicativos, etc. que en moitas ocasións atópanse unicamente neste idioma, e aumenta polo tanto a autonomía do alumno no seu traballo.
Obxectivos didácticos[]
- Extraer información da lectura de documentos técnicos, manuais, etc.
- Manexar o vocabulario técnico en inglés relativo as tecnoloxías, ferramentas, procesos, etc. abordadas no módulo.
Actividades[]
- Resolver cuestións sobre diversas lecturas propostas polo profesor.
- Elaborar glosarios de termos técnicos en inglés e resolver cuestións sobre os termos incluídos.
- Manexar ferramentas en inglés e analizar os termos máis relevantes.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación[]
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes criterios de avaliación:
- Obtívose información de documentos técnicos e manuais.
- Utilizouse o vocabulario técnico en inglés para comprender documentos tećnicos e manuais.
Ademáis abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA2: CA2.1, CA2.10
Contidos mínimos[]
- Diferenciar claramente os elementos que forman a estructura dun sistema informático e coñecer o seu papel no funcionamento global do mesmo.
- Empezar a familiarizarse e coñecer o vocabulario técnico introducido
- Ser capaz de identificar os sistemas de codificación numérica e alfanumérica.
- Coñecer os elementos que forman cada un dos sistemas de numeración vistos.
- Identificar os tipos de sistemas operativos existentes e coñecer a estructura xeral dun sistema operativo.
- Situar as funcións que realiza un sistema operativo no módulo de xestión que corresponda.
- Saber como os sistemas operativos realizan a xestión dos recursos da máquina. Coñecer as técnicas de xestión de procesos.
- Coñecer os sistemas de arquivos más empregados e as súas características.
- Saber identificar que sistemas de arquivos que emprega un sistema operativo dado.
- Coñecer os programas de manexo de máquinas virtuais mais coñecidos.
- Saber os pasos necesarios para realizar instalacións nas máquinas virtuais.
- Configurar as máquinas virtuais segundo as nosas necesidades.
- Coñecer as características principais e diferenciadoras da familia de sistemas operativos Windows e coñecer as diferenzas entre eles. Interfaces gráficas e sistemas de ventás.
- Coñecer a historia e versións dos sistemas operativos da familia Windows.
- Coñecer os métodos de instalación que podemos empregar para instalar Windows.
- Saber configurar o xestor de arranque.
- Coñecer os pasos do inicio do sistema así como os ficheiros que interveñen na secuencia de inicio do sistema.
- Saber identificar os requerimentos do sistema.
- Identificar os elementos principais da interface gráfica do sistema operativo Windows e ubicar cada unha das funcións vistas no grupo de programas adecuados.
- Saber manter o sistema operativo actualizado cos parches.
- Coñecer a estructura de directorios. Saber recorrer os directorios e aplicar os permisos.
- Saber realizar o mantemento de ficheiros e directorios: comprensión e descompresión.
- Coñecer os métodos para engadir e eliminar Hardware.
- Saber manexar e instalar a consola de recuperación
- Saber crear usuarios e grupos.
- Saber asignar permisos de acceso a usuarios mediante ferramentas administrativas do sistema operativo.
- Saber comprobar os recursos do equipo.
- Saber configurar a seguridade do sistema operativo.
- Saber realizar o mantemento de ficheiros e directorios: Desfragmentación, Limpeza de cache de disco, etc.
- Coñecer a estructura do rexistro de Windows.
- Coñercer os comandos mais importarntes da liña de comandos de Windows.
- Saber empregar os comandos de windows para a administración básica do sistema: recorrer arquivos, crear directorios e ficheiros, borrar directorio e ficheiros, mover directorios e ficheiros, localizar directorios,...
- Coñecer as características principais dos sistemas operativos libres.
- Coñecer o sistema de arquivos mais empregado nos sistemas operativos linux e as suas características.
- Coñecer as distribucións mais importantes de linux. Saber diferencialas.
- Coñecer a historia do sistema operativo Linux.
- Coñecer os métodos de instalación que podemos empregar para instalar linux.
- Saber configurar o xestor de arranque.
- Coñecer os pasos do inicio do sistema así como os ficheiros que interveñen na secuencia de inicio do sistema.
- Saber identificar os requerimentos do sistema.
- Identificar os elementos principais da interface gráfica do sistema operativo Linux e ubicar cada unha das funcións vistas no grupo de programas adecuados.
- Saber manter o sistema operativo actualizado.
- Coñecer a estructura de directorios. Saber recorrer os directorios e aplicar os permisos.
- Saber realizar o mantemento de ficheiros e directorios: comprensión e descompresión.
- Coñecer os métodos para engadir e eliminar Hardware.
- Saber manexar a interfaz gráfica KDE ou GNOME para realizar tarefas básicas no sistema.
- Saber manexar a interfaz gráfica KDE ou GNOME para realizar tarefas de administración no sistema.
- Saber crear usuarios e grupos.
- Saber asignar permisos de acceso a usuarios mediante ferramentas administrativas do sistema operativo.
- Saber comprobar os recursos do equipo.
- Saber configurar a seguridade do sistema operativo.
- Saber realizar o mantemento de ficheiros e directorios: Desfragmentación, Limpeza de cache de disco, etc.
- Coñecer os distintos tipos de shell de linux.
- Saber empregar a axuda da liña de comandos.
- Coñercer os comandos mais importarntes da liña de comandos.
- Saber empregar os comandos de Linux para a administración básica do sistema: recorrer arquivos, crear directorios e ficheiros, borrar directorio e ficheiros, mover directorios e ficheiros, localizar directorios, realizar tarefas programadas,...
Metodoloxía[]
A metodoloxía a empregar no ensino do coñecemento engloba tres fases:
- Avaliación dos coñecementos previos, etapa de preavaliación.
Antes de comezar cada unha das unidades didáctica que conforman o módulo, realizarase unha actividade motivadora (visualizar un vídeo, debate, etc.) para introducir ó alumno ós contidos que se abordarán na unidade.
A continuación sondaranse os coñecementos previos do alumnado para que a aprendizaxe sexa significativa. Isto podemos facelo usando un cuestionario ou un test de varrido ou simplemente realizando unha “tormenta de ideas”.
- Exposicións dos contidos das respectivas unidades que conforman o módulo, o que se coñece como etapa expositiva.
Se a etapa de preavaliación e negativa óptase por unha técnica de exposición, xa que se parte de alumnos que ao comezar a unidade non teñen unha base de coñecementos sólida que poida servir para empregar unicamente técnicas por descubrimento. Se a etapa de preavaliación é positiva pasarase directamente á etapa de descubrimento.
A técnica de exposición consiste en seguir o desenvolvemento total e parcial de cada un dos puntos da unidade didáctica, apoiándose en esquemas-resumo e material didáctico, para que o alumno comprenda os contidos. A explicación teórica completarase cun certo número de exemplos explicados e resoltos e cunha seria de actividades tipo cuestións, practicas, traballos de investigación bibliográfica, etc., que irán aumentando en dificultade progresivamente.
- Adquisición e reforzo de coñecementos de xeito autónomo polo alumno, o que se coñece como etapa consolidación e descubrimento.
O profesor poderá avaliar o nivel de asimilación de coñecementos adquiridos a través de diversos exercicios, que lle permita decidir se os alumnos de xeito autónomo se atopan preparados para a resolución de problemas máis complexos. Son as denominadas actividades de consolidación. Estas actividades darán lugar a adquisición por descubrimento de novos coñecementos, que se integraran de forma automática na súa estructura cognitiva.
Preténdese con isto que a aprendizaxe sexa máis automática, dedutiva e máis amena. Estas actividades de consolidación serán: Prácticas individuales ou en grupo en modo de semiavaliación ou autoavaliación para que o alumnado profundice e reflexione sobre os seus coñecementos, procedementos e actitudes.
Temporalización[]
O 1º curso do ciclo dura aproximadamente 32 semanas; en cada semana impártense 6 horas de clase (sesións), polo que se contabilizan 160 horas (192 sesións) totais. Estas 32 semanas están repartidas aproximadamente en 13 semanas no primeiro trimestre, 10 no segundo e 9 no terceiro. As unidades de traballo propostas e a secuenciación ao longo do curso especifícanse a continuación:
Unidade didáctica | Sesións |
---|---|
U.D. 1: Introducción: Sistema informático, representación da información. | 22 |
U.D. 2: Sistemas operativos: Función, estructura, xestión de recursos. | 22 |
U.D. 3: Máquinas virtuais. | 6 |
U.D. 4: Instalación de sistemas operativos. Particionado. | 10 |
U.D. 5: Instalación de sistemas operativos propietarios. Windows. | 8 |
U.D. 6: Realización de tarefas básicas sobre s.o. propietarios. Windows. | 15 |
U.D. 7: Administración dos sistemas operativos propietarios. Windows. | 22 |
U.D. 8: Utilización da liña de comandos en s.o. propietarios. Windows. | 15 |
U.D. 9: Instalación de sistemas operativos libres. Linux. | 8 |
U.D. 10: Realización de tarefas básicas sobre s.o. libres. Linux. | 15 |
U.D. 11: Administración dos sistemas operativos libres. Linux. | 22 |
U.D. 12: Utilización da liña de comandos en s.o. libres. Linux. | 15 |
U.D. 13: Comprensión de textos e vocabulario técnico en Inglés. | 12 |
Avaliación[]
Instrumentos de avaliación[]
Os criterios en base aos que se valorará o rendemento do alumno, e a partires dos que se calculará a sua nota en cada Avaluación son os seguintes:
- Rendemento académico:
- Prácticas de entrega obrigatoria: Cada práctica terá a sua respectiva fecha límite de entrega, puidendo ser entregada con anterioridade. As prácticas entregadas dentro do correspondiente prazo serán correxidas, puidendo obter unha puntuación entre 0 y 0’25.
- Exámenes: Na sua totalidade, terán unha puntuación de 10 - (0,25 * nº de prácticas de entrega obrigatoria) . O número de exames será variable, puidendo ser un ou máis durante a avaliación, en función do ritmo da clase dentro da marcha da asignatura; normalmente faráse ún por cada unidade didáctica. Sen embargo, para aprobar a avaliación é necesario obter a lo menos unha puntuación de 5 en todos eles.
- Exames de recuperación: Ó término de cada trimestre, efectuaranse as correspondentes probas de recuperación aos alumnos que suspendan algún exame durante a avaliación. No caso de que un alumno non se presente a todas as probas de recuperación que lle corresponden, ou que volva a suspender algunha delas, deberá presentarse ao exame ordinario de Xuño para recuperar a avaliación na sua totalidade.
- Utilización dos ordenadores na aula: Queda expresamente prohibido encender os equipos durante as horas de clase teóricas, así como utilizalos para tarefas que non sexan as expresamente indicadas polo profesor da asignatura.
- A nota obtida polo alumno califícarao segundo a seguinte táboa:
Nota | Cualificación |
---|---|
0,1,2 | Ningún interese pola materia. |
3,4 | Interes por aprender pero denota escasez de coñecementos. |
5 | Interese e nivel de coñecementos mínimos. |
6 | Interese e dominio de nivel medio con respecto á materia. |
7,8 | Traballador e constante ao que falta soltura ao aplicar os seus coñecementos. |
9,10 | Sobresale a súa asimilación e posta en práctica dos seus coñecementos. |
Ademais de superar as probas que se indican anteriormente, terase en conta o esforzo realizado para cumplir o obxectivo fixado.
Sistemas de cualificación[]
A nota final formarase da seguinte forma:
Parte | Porcentaxe |
---|---|
Participación en clase, entrega de prácticas, orden e limpeza | 30% |
Probas das unidades didácticas e probas finais dos trimestres | 70% |
A cualificación final da avaliación será un número enteiro de 1 a 10, resultado de redondear os resultado obtidos seguindo a táboa. Considéranse aprobados aqueles alumnos que obteñan unha cualificación igual ou superior a 5.
Tendo en conta que o correcto comportamento e colaboración na clase por parte dos alumnos é fundamental para o desenvolvemento do módulo, poderase restar ata un 30% da nota final a aqueles alumnos que presenten faltas de comportamento graves que impidan o transcurso normal das clases ou que provoquen deterioros intencionados no material posto á súa disposición para a realización das actividades e probas.
Plan extraordinario de avaliación[]
Ós alumnos que superen o 10% de faltas, se lle comunicará ante a Xefatura de Estudios, a perda do dereito a Avaliación Continua (no momento en que ocurra). O alumno poderá asistir a clase, pero non será avaliado por trimestres. Estos alumnos disporán dunha proba final extraordinaria para demostrar a capacitación. Esta proba final, consistirá en examenes teóricos e/ou prácticos por cada unha das unidades didácticas. O alumno superará a asignatura si en cada unha de estas probas obten unha nota igual ou superior a 5.
Actividades de recuperación[]
As actividades de recuperación para o alumnado de 2º curso que teña este módulo pendente consistirá na superación de todas as actividades indicadas no Plan de Avaliación Individualizado, e a realización dunha proba final para demostrar a capacitación. Esta proba final, consistirá en examenes teóricos e/ou prácticos por cada unha das unidades didácticas. O alumno superará a asignatura si en cada unha de estas probas obten unha nota igual ou superior a 5.
Atención ao alumnado con necesidades educativas especiais[]
Durante o desenvolvemento do curso prestarase especial atención ao alumnado que presente necesidades educativas especiais ou algún grao de discapacidade, mediante unha secuenciación diferenciada das unidades didácticas, a realización dun maior número de actividades graduadas en dificultade e poñendo á súa disposición os recursos necesarios para a consecución dos obxectivos didácticos fixados nas distintas unidades.
Seguimento e avaliación da programación[]
No desenvolvemento do curso, farase uso de diversos mecanismos para facer un seguimento e avaliación do planificado na presente programación:
- De xeito continuo, o profesor avaliará na clase a medida en que o alumnado acada de forma xeral os obxectivos fixados nas distintas unidades didácticas. En consecuencia, poderase decidir incidir en determinados contidos e/ou actividades, aumentando se se considera necesario o número de sesións adicadas a unha determinada unidade.
- Ao remate de cada trimestre, o alumnado cubrirá unha enquisa na que valorará diversos aspectos do desenvolvemento do módulo, como a metodoloxía utilizada, as actividades realizadas, os recursos usados, os contidos expostos, etc. O resultado destas enquisas serán utilizados para aplicar as correccións que se consideren oportunas no propio desenvolvemento do curso, así como en vindeiros cursos académicos.
- O profesor recollerá a temporalización real das distintas unidades didácticas, co obxectivo de poder corrixir no propio curso os desfases detectados fronte a temporalización prevista e precisar mellor a temporalización das unidades en vindeiros cursos académicos.
Materiais e recursos didácticos[]
Os materiais e os recursos didácticos empregados son os seguintes:
- Os ordenadores dá aula do ciclo.
- Proxector multimedia para apoiar presentacións e explicacións con diapositivas.
- Apuntes elaborados polo profesor dos contidos da unidade ou/e libro de texto.
- Artigos de revistas especializadas que conteñan novas acerca dos conceptos vistos na unidade.
- Software de Microsoft , programa Academic Alliance.
- Software de utilidades para a realización de particións de disco, creación de máquinas virtuais, ..
- Discos duros extraibles, para realizar as particións e instalacións de sistemas operativos.
- Internet para a procura de información e de ferramentas software.
- Manuais de referencia.
- Documentación sobre o software libre así como documentación sobre as distribucións do sistema operativo Linux empregado nas clases.
- Software do sistema operativo Linux, e decir, discos de instalación co propio sistema operativo.