Wiki IES Pazo da Mercé
Advertisement

O protocolo IPX forma parte do nivel de rede dentro da arquitectura de protocolos do sistema operativo Novell Netware, aínda que hoxe en día está totalmente en desuso e tende a ser completamente substituído por IP. Nunha rede Novell, as direccións IPX se asignan aos servidores, mentres que as estacións cliente se identifican polas súas direccións MAC. Unha dirección IPX consta de dúas partes:

  • Dirección da rede, que ten tamaño de 8 bytes (0 – FFFFFFFF).
  • Dirección interna ou de nodo, que especifica un servidor dentro da rede e ten unha lonxitude de 12 bytes (0 – FFFFFFFFFFFF).

Ademais, a diferencia de IP, IPX establece comunicación entre aplicacións, e non só entre equipos, de forma que en cada paquete IPX se inclúe xunto coas direccións de rede e equipo un número de conector que identifica a que aplicación se dirixe ese paquete. Este número ten unha lonxitude de 4 bytes (0 – FFFF), que se asigna internamente pola arquitectura de Novell.

NWLink é a implementación de Microsoft do protocolo IPX/SPX (SPX é o protocolo nas redes Novell usado no nivel de transporte), para que os equipos con Windows poidan conectarse a servizos dunha rede Novell.

Advertisement