Wiki IES Pazo da Mercé
Advertisement

O protocolo NetBEUI (NetBIOS Extended User Interface ou Interfaz de Usuario NetBIOS Estendida) foi desenvolvido por Microsoft para ofrecer os básicos de rede e transporte para as aplicacións NetBIOS, utilizado nas redes Windows.

NetBEUI é moi sinxelo de configurar, xa que utiliza as direccións MAC para identificar as estacións e todas as mensaxes se envían por difusión. Sen embargo, isto fai que NetBEUI teña moitas limitacións:

  • As mensaxes de difusión saturan moito a rede.
  • Non é posible usar este protocolo para comunicar a LAN con outras LAN ou cunha WAN, xa que non realiza encamiñamento.

Por iso, o protocolo NetBEUI tamén está actualmente en desuso e na actualidade os novos sistemas operativos de Microsoft usan unha versión adaptada á arquitectura TCP/IP coñecida como NetBT (NetBIOS over TCP/IP ou NetBIOS sobre TCP/IP). Con NetBT, o equipo pode conectarse a unha rede de área extensa como Internet.

Advertisement