Wiki IES Pazo da Mercé
Advertisement

Na arquitectura TCP/IP, inclúense dous protocolos de transporte: TCP (Transmission Control Protocol) e UDP (User Datagram Protocol).

A diferencia fundamental é que TCP é un protocolo orientado a conexión e fiable, mentres que UDP é non orientado a conexión e non fiable. Vexamos que significa isto:

1.Orientado a conexión e non orientado a conexión:

  • Un protocolo orientado a conexión establece unha conexión cada vez que vai a realizar unha comunicación entre un emisor e un receptor. Desta forma o emisor e o receptor póñense de acordo antes de iniciar a comunicación e establecen unha numeración que lles permite identificar a cada paquete e comprobar se algún paquete non é recibido ou se recibe en distinta orde ao emitido. Cando rematan a comunicación, o emisor e receptor deben pechar a conexión.
  • Pola contra, un protocolo non orientado a conexión non establece ningunha conexión antes dunha comunicación, senón que os equipos comunican directamente cando o precisan. A cambio, non se garante que se poidan perder paquetes ou que cheguen desordenados ó nivel de aplicación.

2.Fiable e non fiable:

  • Un protocolo fiable garante que os paquetes se reciben libres de erros na orden na que foron emitidos.
  • Un protocolo non fiable non garante que os paquetes poidan ter erros.

Por tanto, TCP é un protocolo robusto e fiable, mentres que UDP é moito máis sinxelo, pero non realiza ningún control de erros. Isto nos pode facer pensar que non ten sentido ter un protocolo como UDP, ou que non é utilizado, pero isto non é así; existen varias razóns para usar UDP:

  • Naqueles casos nos que o protocolo de rede xa garante unha transmisión libre de erros.
  • En comunicacións en tempo real, nas que se poden tolerar unha certa taxa de erros na transmisión (por exemplo, en transmisión de son ou vídeo).
  • Cando só se quere enviar un paquete illado de orixe a destino, e non é critica a recepción do mesmo.

Hai que ter en conta que o protocolo UDP ten a vantaxe de ser máis simple e polo tanto máis rápido que TCP, xa que o establecemento e peche da conexión e un proceso custoso que consume tempo e recursos na transmisión. A continuación móstranse as cabeceiras dos dous protocolos, e pódese observar o menor número de campos en UDP:

Cabeceira de TCP

+ Bits 0 - 3 4 - 7 8 - 15 16 - 31
0 Puerto Origen Puerto Destino
32 Número de Secuencia
64 Número de Acuse de Recibo (ACK)
96 longitud cabecera TCP Reservado Flags Ventana
128 Suma de Verificación (Checksum) Puntero Urgente
160 Opciones + Relleno (opcional)
224  
Datos
 

Cabeceira de UDP

+ Bits 0 - 15 16 - 31
0 Puerto origen Puerto destino
32 Longitud del Mensaje Suma de verificación
64  
Datos
 

Tanto en TCP como en UDP, establécense 16 bits para os números de portos, co cal se poden direccionar ata 65.536 portos. Destes portos, os que van ata o 1023 están reservados (ver lista) pola IANA para aplicacións e servizos de rede estándares, mentres que os maiores a 1024 son libres e os pode utilizar calquera programa de usuario.

Ao par formado por unha dirección IP e un número de porto (separados por dous puntos) se lle chama conector ou socket. Por exemplo, 10.4.1.1:80 se corresponde co porto 80 do equipo con dirección IP 10.4.1.1.

Advertisement